martes, 9 de junio de 2020

RESULTADOS AO RETO DO 4 DE XUÑO DE 2020

CREO QUE NESTA OCASIÓN NON SERÁ NECESARIO SABER COMO FORON AS PUNTUACIÓNS DO RETO. PARTICIPARON 21 INVESTIGADORES E CONSEGUIMOS MOITOS PUNTOS

LEMBRO QUE ERA UN RETO MOI ESPECIAL.

AS DIFERENCIAS DE PUNTOS  TIVERON DUAS CAUSAS  IMPORTANTES:

1.- A MAIORÍA DOS PUNTOS NON ACADADOS FORON POLA PROBA NA QUE SE NECESITABA COMPROBAR A NOSA OPINIÓN BUSCANDO INFORMACIÓN RIGUROSA. MOITOS PENSARON QUE ESA PROBA QUE VALÍA 5 PUNTOS PODÍA CONTESTARSE COMO AS OUTRAS, DESDE O QUE PENSABAN, E NON ERA ASÍ.

OS BOS INVESTIGADORES DISTINGUEN MOI BEN ENTRE O QUE É OPINABLE, O QUE SON SENSACIÓNS E O QUE SON FEITOS OU INFORMACIÓN RIGUROSA.

2.- OUTROS INVESTIGADORES TAMPOUCO CONSEGUIRON TÓDOLOS PUNTOS NON PORQUE AS SÚAS OPINIÓNS OU SENSACIÓNS NON FOSEN VÁLIDAS SENON PORQUE NON ATENDERON ÁS INDICACIÓNS DA PREGUNTA E CONTESTARON SEN FIXARSE NOS ENUNCIADOS.

OS BOS INVESTIGADORES ESTÁN MOI ATENTOS ÁS PREGUNTAS, NON VAIAN A METER A PATA EN COUSAS DE PRINCIPIANTE.


FELICIDADES, EXPRESARSE BEN NON É FÁCIL PERO É MOI NECESARIO
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario. Colaborando construímos a comunidade educativa