martes, 31 de marzo de 2020

RESULTADOS DO RETO 30 DE MARZO 2020

COMO VEDES ESTA VEZ AS PUNTUACIÓNS ATÓPANSE MÁIS REPARTIDAS.

XA VOS DIXEN QUE ÁS VECES OS RETOS NON SON TAN FÁCILES.

TAMÉN É NORMAL QUE TODOS TEÑAMOS DE CANDO EN VEZ UN DÍA MALO.   NON VOS PREOCUPEDES, PARA ISO ESTAMOS OS DEMAIS. CANDO UN DÍA UN COMPAÑEIRO SUMA POUCO OS DEMÁIS COS SEUS PUNTOS AXUDARÁN A SEGUIR REMANDO.  ESTA TRAVESÍA NON É DOADA PERO SEGURAMENTE CHEGAREMOS TODOS A BO PORTO.

UN CARIÑOSO SAUDO DUN GRUMETE ENTRADO EN ANOS.

PD: DECIRVOS QUE NESTE RETO PARTICIPAMOS MOITOS, ESPERO VERVOS NUN NOVO RETO.

DEIXOVOS A SOLUCIÓN Á PREGUNTA MAIS  COMPLICADA DESTE RETO
 

CONSELLO 3


Dixéronme que estes días a alguén estábanselle ocurrindo cousas un pouco raras. ¡Confinamento! Non vos preocupedes, será temporal pero recordade que cada cousa vai no seu sitio, e o baño non sempre é un bo lugar para xogar. 😉

Jajajaja era unha broma  pero ... por si acaso.

Quería decirvos que os retos son longos. Non tedes que facelo enteiro dunha sentada. Certas preguntas podedes  facelas nun papel e despois as  pasades ó  ordenador.
Eso serviría para que poiderades revisar o que facedes e seguramente gañaríades un ou dous puntos máis. Pérdense moitos puntos por despiste.
E recordade so se pode enviar un único cuestionario.
Se non o tedes seguro non o mandedes ata o final.

Un saudiño e preparados para o reto de mañá.  💪👏👏👏


lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4º 30 DE MARZO

https://drive.google.com/open?id=1X6DWbqHSt72koN9SmDpg3piIuUieeQyWXXO2MtVjgEA
Pulsa no libro e aventúrate no cuarto reto
RETO  : 30/3/2020

UN NOVO RETO DE DIANTE , ¡E XA VAN CATRO!

O VOSO ESFORZO CONTINUA SUMANDO, 
ESTADES A FACELO MOI BEN.

¡SEGUIDE APRENDENDO!

Neste caso a atención e observación teñen moito protagonismo. Xunto coa vosa creatividade e capacidade de expresión escrita terán as claves do éxito.

Antes do mércores recibirás a puntuación no correo que escribes ao comenzo do reto.

¡NON TE CORTES! ¡PARTICIPA!


Esta semana toca unha aperta para cada membro das vosas familias.           Non deixedes de darlla, por favor.

O primo do Mago das palabras

DATA LÍMITE DE ENTREGA DE RESPOSTAS
31/3/2020 as 18:00

RESULTADOS DO RETO 27 DE MARZO 2020


https://drive.google.com/open?id=1BQEQUgIKT80TjG3ME4Ky3skjQu56iXIz
Preme nas taboas e verás máis resultados

 PARECE QUE TIÑADES GANAS DE DESCANSAR O FIN DE SEMANA POIS O TERCEIRO RETO  TIVO  MENOS PARTICIPACIÓN.

NON  OLVIDEDES, QUE ESTA PROPOSTA É, POR SE VOS APETECE E  VOS QUEDA TEMPO DESPOIS DE RESPOSTAR ÁS TAREFAS DOS  VOSOS TITORES.

POLO DE AGORA OS RESULTADOS ACUMULADOS SON MOI BOS. 
¡SODES XENIAIS!


¡ÁNIMO, SEGUIDE PENSANDO!.  MAÑÁ MÁIS.

viernes, 27 de marzo de 2020

CONSELLO 2


Cómic

Parece que temos un problemiña na descarga do cómic.

A verdade e que é un cómic que pesa bastante. Intento poñer o enlace nesta entrada.

Picade sobre a imaxe e deixade un ratiño de tempo (Un ou dous minutos).

As cousas, as veces, necesitan tempo  para que se solucionen... Hummm! a qué me soa isto?

Probade, e se non é posible, decidemo nos comentarios que aparecen ao final de esta entrada.

RETO 3º 27 DE MARZO

Reto 3
RETO  : 27/3/2020

XA ESTAMOS NO TERCEIRO RETO. NUNCA É TARDE PARA  INTENTALO.

Axúdate das direcións propostas, visiona os vídeos e esforzarte para que as túas respostas sexan axeitadas.

Antes do luns recibirás a puntuación no correo que escribes ao comenzo do reto. Lembra que só debes enviar o reto unha vez, as seguintes oportunidades ainda que o fagas mellor non puntuarán.

¡ANÍMATE! Pensa, redacta, asegurate e envía.


Un saudiño para cada un de vos e das vosas familias

O primo do Mago das palabras

DATA LÍMITE DE ENTREGA DE RESPOSTAS
29/3/2020 as 14:00

RESULTADOS DO RETO 25 DE MARZO 2020

https://drive.google.com/open?id=1uh7_knGRhuNKzn-FPKrqqXrnS6ukyOx0
Pulsa na taboa e veras os resultados con máis detalle
FELICIDADES A TODOS AQUELES QUE PARTICIPARON NO SEGUNDO RETO.

 ESTOS SON OS RESULTADOS. A PUNTUACIÓN ACUMULADA COMPARTIRÉMOLA CANDO CHEGUEMOS AO COLE.


¡XA IMOS  CO TERCEIRO!. ADICÁDELLE TEMPO ESTO ESTÁ CHUPADO.

miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2º 25 DE MARZO

https://forms.gle/UJTzx97qQ9ciaETN7
Preme no libro e... ¡a por todas!


RETO  : 25/3/2020

SE NON FIXECHES O PRIMEIRO NON TE APURES, AQUÍ TES O SEGUNDO PARA INTENTALO

Para facelo terás que visitar as direcións propostas, localizar os videos e esforzarte para que as túas respostas sexan valoradas.

Antes do venres recibiras a puntuación no correo que escribes ao comenzo do reto. Lembra que só debes enviar o reto unha vez, as seguintes oportunidades ainda que o fagas mellor non puntuarán.

¡ANIMÁDEVOS! Pensa, redacta, asegurate e envía.


Outra aperta para cada un de vos e das vosas familias

O primo do Mago das palabras

DATA LÍMITE DE ENTREGA DE RESPOSTAS
26/3/2020 as 23:00

RESULTADOS DO RETO DO 23 DE MARZO 2020

https://drive.google.com/open?id=1JJGAykekN_Un4oarvFmEEPwu0fSge7wC
Preme na imaxe se queres os resultados máis detallados


FELICIDADES A TODOS AQUELES QUE PARTICIPARON NO PRIMEIRO RETO.

 ESTOS SON OS RESULTADOS. A PUNTUACIÓN ACUMULADA COMPARTIRÉMOLA CANDO CHEGUEMOS AO COLE.


¡ATREVÉDEVOS CO SEGUNDO!. ADICÁDELLE TEMPO E VEREMOS A MELLORA


martes, 24 de marzo de 2020

CONSELLO

¿Alguén podería dicirme cómo se titula esta obra dun pintor surrealista frances??
¿Alguén podería decirme o título deste cadro e que lle pasou?
¡Ola chicas e chicos!

Vexo que tedes ganas de investigar polo que para facelo mellor vou darvos un par de consellos.

1.- Dedicádelle tempo a analizar a pregunta antes de contestar. Cando a teñades clara marcadea e pasade á seguinte.

2.- Cando teñades todas solucionadas enviade a resposta ao reto e en breve teredes a puntuación cos comentarios no correo que puxestes.

3.- Non enviedes o cuestionario máis dunha vez porque só contará o primeiro que chege de cada un.

4.- Non olvidedes que tedes dous días para respostalo, os novos retos sairán os lúns, mércores e venres.

¡Ata estes momentos xa participastes 22 e catro de estes mandaron dous cuestionarios... jejejej... que pillos, ahora saben que xa non conta.

Esta tarde sairán as estatísticas das preguntas e poderedes ver neste blog que probas foron as mais difíciles.

¡ANIMO, MAÑÁ SAIRÁ UN CUESTIONARIO NOVO... E MAIS COMPLICADO!

Un saúdo e unha aperta virtual ;)

domingo, 22 de marzo de 2020

INVESTIGANDO NA REDE


Reto 1
Preme na imaxe para comenzar

RETO  : 23/3/2020

¿SERÍAS QUEN DE CONTESTAR A ESTE CUESTIONARIO?

Para facelo terás que buscar as respostas nas direcións que se suxiren, ver os videos propostos ou empregar a sabiduría de Mr. Google para solucionalas.

Cando o envíes acadarás unha puntuación que iremos xuntando reto a reto e verase reflectida nunha gráfica  que comentaremos cando voltemos ao colexio.

¡ANIMÁDEVOS! Contestade, comentade e... pensade.


Unha aperta para cada un de vos e das vosas familias

O primo do Mago das palabras

DATA LÍMITE DE ENTREGA DE RESPOSTAS
25/3/2020